Primeiro número de Cairón

DSCF1222O primeiro número de Cairón comezou a distribuirse o pasado día 18 na Feira do libro e disco galego de Monterroso.
O acto de presentación clausurou a feira e correu a cargo de Francisco Pardo (Director do IEU), María José Gómez Alvite (Coordinadora da sección de Historia e portavoz dos autores/as dos textos e fotografias) e Daniel Salgado (Director do boletín).
Entre os asistentes estaban o alcalde de Monterroso, Miguel Rico, e a delegada de cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto.
A publicación tivo unha excelente acollida distribuíndose durante a xornada máis de 100 exemplares. Outros 300 serán repartidos entre os Concellos que integran a comarca da Ulloa (Palas de Rei , Antas de Ulla e Monterroso).
“Cairón quere ser memoria e presente, arquivo e diagnóstico, sala de xuntas e almacén de historias, parlamento e rexistro. As súas páxinas nacen para acoller as angueiras das ulloás e os ulloaos de todos aqueles que teñan unha historia que contar, un suceso que lembrar, unha idea que propor, unha investigación que amosar, unha denuncia que realizar. As súas páxinas que o Instituto pretende acudan á cita co pobo da Ulloa unha vez o ano, están abertas” di Daniel Salgado na Editorial do boletín.
En Cairón conviven o rigor académico de traballos de caráter histórico e etnográfico con páxinas de actualidade, semblazas, creación literaria e fotográfica.
A maquetación correu a cargo dá empresa Numax. A Feira do Libro e Disco de Monterroso está organizada pola asociación 25 Xastres e esta é a súa segunda edición.

DSCF1204

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn