Proxección do documental “Negro Púrpura” en Monterroso (6-11-2021)
O sábado 6 de novembro de 2021, organizado polo Instituto de Estudos Ulloáns en colaboración coa Área de Cultura e Vicepresidencia da Deputación de Lugo, proxectouse en Monterroso a longametraxe Negro Púrpura, filme de carácter documental producido por Illa Bufarda e dirixida por Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva.
A proxección tivo lugar ás 19,00 h no salón de actos do Centro Sociocultural, cedido polo Concello de Monterroso. Interviñeron na presentación Sabela Iglesias, directora e guionista do documental, e Pilar Abades, directora de fotografía. Ao seu remate os espectadores participaron nun ameno coloquio coas directoras da película.