Proxecto de recuperación de fotografías antigas da Ulloa
As socias do Instituto de Estudos Ulloáns, a fotógrafa e profesora de filosofía, Patricia Coucheiro, e a especialista en historia da arte, Susana Varela, iniciaron o seu proxecto de recuperación e recompilación de fotografías de arquivos familiares, entidades, etc. incluído na planificación de actividades do IEU para 2021 e que abrangue a toda a comarca da Ulloa: Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla.
Con este fin, as nosas socias comezaron a campaña de recollida de fotografías antigas da Ulloa para a súa catalogación, conservación e posterior difusión.
Os interesados en colaborar poden levar as súas fotografías ás librarías da comarca da Ulloa onde serán dixitalizadas gratuitamente e devoltas no momento. Ou ben, si xa están dixitalizadas, poden envialas directamente ás coordinadoras do proxecto.
Para máis información: contactar no email
ou consultar a páxina de facebook Audiovisuais Instituto de Estudos Ulloáns