Que non me toquen o Ulla!!, poema de Manuel Busto

QUE NON ME TOQUEN O ULLA!!
Nin en Portodemouros, nin na Cornella,
nin plutócratas “polo ollo da agulla”.
Que non me toquen o Ulla!
Eucaliptos a esgalla, auga espoliada
e fumes mestos. Basta xa de tanta bulla!
Que non me toquen o Ulla!
Altri (“outros”) veñen facer o seu negocio,
nin van encher os teus petos, nin traen grao para a tulla.
Que non me toquen o Ulla!
Nin cantos de sereas, nin empregos-castelos no aire,
o gran negocio é sempre deles, para os demais unha faragulla.
Que non me toquen o Ulla!
                                         Manuel Busto Galego

 

Descargar pdf

O río Ulla ANTES

O río Ulla DESPOIS

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn