Recital poético sobre o Pico Sacro en Antas de Ulla
O sábado 14 de decembro de 2019 tivo lugar, na fermosa Igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla, o recital poético sobre o Pico Sacro organizado polo Instituto de Estudos Ulloáns no que se presentou o libro “Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda”.
Tras unhas palabras de benvida do director do IEU, presentaron o libro e o acto o profesor Jaime Rodríguez Ouro, o escritor e filólogo Xulio Pardo de Neyra e o coordinador do libro Xosé Manuel Lobato. No recital poético interviñeron Xulio Pardo de Neyra, Xosé Manuel Lobato, e os poetas Xoán Xosé Fernández Abella, Charo Golmar e Henrique Neira.
Dado o éxito do recital poético, ao que asistiu numeroso público, o equipo directivo comprometeuse a organizar cos mesmos poetas, na primavera de 2020, un acto semellante dedicado ao Monte Farelo.