Socios e socias do IEU nas rutas do Día da Transrománica (maio 2022)
O sábado 7 e o domingo 8 de maio, socios e socias do IEU participaron nas rutas do románico na Ulloa e comarcas limítrofes dentro do amplo programa que a Área de Turismo da Deputación de Lugo, dirixida por Pilar García Porto, organizou en toda a provincia con motivo do Día da Transrománica.
A Ruta Transrománica está recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa e trátase dunha das principais rutas culturais paneuropeas. Está integrada por rexións de 9 países da Unión Europea -Austria, Alemaña, Francia, Italia, Romanía, Portugal, Serbia, Eslovaquia e España- e aglutina un conxunto de monumentos románicos, moitos deles declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Socios e socias do IEU na visita guiada a igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla organizada pola
Área de Turismo da Deputación de Lugo co motivo do Día da Transrománica