“A Ulloa. Fotografías centrípetas” exposición colectiva do IEU no pazo de San Marcos (15 out. a 8 dec. 2021)
A exposición “A Ulloa. Fotografías centrípetas”, promovida polo Instituto de Estudos Ulloáns e comisariada polas socias do IEU Patricia Coucheiro e Susana Varela Negro, foi inaugurada no pazo de San Marcos da Deputación de Lugo o venres 15 de outubro de 2021.
A exposición está integrada no programa “Mulleres rurais”, da Rede Museística da Deputación de Lugo, organizado pola súa xerente, Encarna Lago, para conmemorar o día da Muller Rural.
Trátase dunha exposición colectiva de dezaoito fotógrafas que pon en diálogo diferentes olladas de mulleres ulloás sobre o seu propio territorio, con propostas fotográficas que parten dunha reflexión, crítica ou posta en valor dalgún aspecto relacionado coa comarca da Ulloa.
Se ben foi inaugurada o 15 de outubro, non se abrirá ao público ata día 26 de outubro, permanecendo instalada ata o 8 de decembro de 2021.
Visita virtual á exposición
MÁIS INFORMACIÓN