“A Ulloa non é unha terra de sacrificio” conferencia de Plácido Lizancos e Serafín González (Monterroso, 27/4/2024)
O sábado 27 de abril ás 17,00 h o arquitecto Plácido Lizancos (profesor da Escola de Aquitectura de A Coruña) e o biólogo e investigador Serafín González Prieto (Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural) impartirán, no salón de actos do Centro sociocultural de Xuventude e Terceira Idade de Monterroso, a conferencia A Ulloa non é unha terra de sacrificio, mesa informativa e debate sobre a instalación da fábrica de celulosa de Altri en Palas de Rei.
![A Ulloa non é unha terra de sacrificio, Monterroso 27 de abril 2024](http://ieu.gal/wp-content/uploads/2024/04/A-Ulloa-non-é-unha-terra-de-sacrificio-Monterroso-27-de-abril-2024.jpg)