Visita ao castelo de Pambre do Colexio de Hixienistas Dentais guiada polo IEU
O venres 19 de abril de 2019 o Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia visitou, coa colaboración do Instituto de Estudos Ulloáns, o castelo de Pambre.
A visita, guiada por Francisco Pardo, director do IEU, formaba parte das actividades programadas polo Colexio de Hixienistas Dentais de Galicia na súa peregrinación a Santiago de Compostela organizada pola presidenta deste colectivo, Andrea Pardo Rivera, e nas que colaborou o Instituto de Estudos Ulloáns.
O Instituto de Estudos Ulloáns, no seu obxectivo de colaboración con outras asociacións e de divulgación do patrimonio da Ulloa, ofreceuse a este Colexio Profesional na súa etapa de Palas de Rei, para organizarlle unha visita pola vila, explicando as súas orixes e a súa importancia histórica, e a continuación a visita guiada ao castelo de Pambre, que rematou na sala de exposicións do castelo onde o IEU ten instalada unha exposición de fotografía de Anxo Cabada.