Visita de “A Colectiva” ao castelo de Pambre guiada polo Instituto de Estudos Ulloáns
O sábado 13 de abril a asociación profesional de artistas de Galicia “A Colectiva” realizou unha visita ao castelo de pambre guiada polo Instituto de Estudos Ulloáns.
A visita encadrábase no amplo programa de actividades con motivo da Asemblea de A Colectiva que se desenvolveron fundamentalmente nos pendellos de Agolada, en colaboración co Colectivo Baluarte, e que finalizou coas visitas ao castelo de Pambre e ao sobreiral do Arnego.
A visita ao castelo de Pambre, guiada por Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns, iniciouse no Camiño Real e rematou na exposición de fotografía de Anxo Cabada organizada polo IEU, despois das explicacións e intercambios de ideas que tiveron lugar no patio de armas, no corpo residencial e na torre do homenaxe do castelo.