Visita guiada ao castelo de Pambre para o Proxecto Lugares (17/4/2023)

O luns 17 de abril de 2023 tivo lugar o primeiro encontro dos participantes no Proxecto Lugares, cunha visita ao castelo de Pambre guiada por Francisco Pardo e Braulio Vilariño, directivos do Instituto de Estudos Ulloáns.

O Proxecto lugares desenvolveuse do 17 ao 22 de maio de 2023, nunha primeira fase cun seminario no castelo de Pambre (Palas de Rei) e nunha segunda con talleres nas covas de Seadur (Larouco, Valdeorras).

Con este proxecto que está apoiado pola Axencia Turismo de Galicia e pola Fundación “La Caixa”, preténdese analizar e propoñer intervencións paisaxísticas e arquitectónicas sostibles, con materiais naturais e de proximidade e en colaboración coas comunidades locais, que permitan poñer en valor e transformar o espazo público do Camiño de Santiago.  Fundaméntase na arquitectura da paisaxe, a artesanía e o deseño, coas comunidades locais do territorio polo que pasa o Camiño, cunha perspectiva ambiental, sostible e inclusiva.

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 9

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 13

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 19

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 22

20230417 Proxecto Lugares © Rubén Vilanova 30

Visita ao castelo de Pambre guiada por membros do Instituto de Estudos Ulloáns. ©Rubén Vilanova.

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn