Visita do Instituto de Estudos Ulloáns a Novelúa (Monterroso)

O domingo 23 de setembro de 2018 o Instituto de Estudos Ulloáns visitou San Cristovo de Novelúa, parroquia de Monterroso cunha fermosa igrexa románica e lugar polo que transcorre a vía romana e solar de importantes casas, ademais de contar con dous castros, sartegos medievais, etc.

A visita, organizada pola responsable da sección de historia do Instituto de Estudos Ulloáns, iniciouse na igrexa románica de Novelúa, construída polo mestre Martín, na que, guiados polo investigador do IEU Miguel Yebra, foron explicados polo miúdo os seus elementos arquitectónicos e decorativos. Continuou o percorrido polas construcións do castro onde se asenta a igrexa e visitáronse posteriormente dous pazos da zona, con diferentes estilos e usos.

Instituto de Estudos Ulloáns. Novelúa, Monterroso

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn