Visita á Ulloa da asociación “Viudas Demócratas de Vigo” (2 de xullo de 2023)

O domingo 2 de xullo recibimos na Ulloa a visita da asociación Viudas Demócratas de Vigo, presidida por Carmen Rodal e Luz Iglesias.

Exerceron de anfitrionas a afamada fotógrafa Mary Quintero e as súas fillas María e Marta Álvarez Quintero, propietarias de Granxa Maruxa (Cumbraos, Monterroso), vinculadas familiarmente á Casa grande de Cumbraos, berce de destacados persoeiros monterrosinos.

Pola mañá, acompañadas por Marta Álvarez e Braulio Vilariño, as socias de Viudas Demócratas achegáronse ao castelo de Pambre, onde foron recibidas por Francisco Pardo, director do IEU, que foi o encargado de realizar a visita guiada ao castelo.

Desprazáronse seguidamente á Granza Maruxa, exemplo de granxa ecolóxica e de dinamización do rural, e na súa acolledora carballeira desfrutaron dun saboroso xantar con produtos da Ulloa.

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

Visita á Ulloa de Viudas Demócratas

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn