VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN “YEBRA DE ARES” NA SALA DO IEU

O mércores 10 de abril a comisaria da exposición “Yebra de Ares, pintor, escritor e historiador” organizou un programa de visitas guiadas para recibir a 200 estudantes da comarca da Ulloa na sala Yebra de Ares da sede social do Instituto de Estudos Ulloáns. Máis información.

Dende a primeira hora da mañá os alumos/as de ensinanza secundaria do IES de Monterroso participaron en pequenos grupos nas visitas guiadas, que forman parte das actividades de colaboración do IEU coa Semana cultural do IES Monterroso.

Visita de alumnos do IES Monterroso á Exposición de Yebra de Ares do Instituto de Estudos Estudos Ulloans

Finalizada a visita dos estudantes do IES de Monterroso, visitaron tamén a exposición os alumnos/as de Artes Plásticas do IES DO Camiño de Palas de Rei, que ademais de analizar a obra de Yebra de Ares participaron nun ameno coloquio sobre arte.

Visita de alumnos do IES Palas de Rei á Exposición Yebra de Ares do Instituto de Estudos Ulloáns

A última hora da mañá fixeron tamén unha visita á exposición os integrantes do Obradoiro de Emprego Ulla-Miño V que desenvolven o acondicionamento de locais municipais de Monterroso.

Visita dos integrantes do Obradoiro de emprego Ulla-Miño V á Exposicion Yebra de Ares do Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn