Xornada de reivindicación da apertura ao público da fortaleza de Amarante (Antas de Ulla), 25/3/2023
O sábado 25 de marzo de 2023 ás 18,30 h terá lugar unha xornada de reivindicación do dereito á visita pública á Fortaleza de Amarante (Antas de Ulla) convocada por AVA.
O Instituto de Estudos Ulloáns, o mesmo que outras asociacións culturais da Ulloa, apoia esta convocatoria e adheriuse ao manisfesto reivindicativo co que se pretende conseguir que se cumpla a lexislación vixente e se abra a Fortaleza de Amarante á visita pública catro días ao mes como esixe a lei (Lei de Patrimonio de Galicia 5/2016).