Excursión botánica ao Farelo (Antas de Ulla)

O próximo sábado 12 de outubro realizaremos a 17ª excursión botánica do Proxecto Flora da Ulloa, coordinada polo biólogo Xurxo Mouriño, e na que visitaremos as ladeiras do Farelo, por onde hai máis dun século o cura Baltasar Merino rexistrou algunhas das primeiras plantas das que a ciencia botánica ten coñecemento na Ulloa.

As poucas excursións que faremos no inverno serán os sábados, xa que desde o domingo 20 o monte se convirte nun perigoso campo de combate que costuma provocar accidentes mortais, aínda que non estaremos libre de toparnos con batidas ao porco bravo, que trataremos de evitar.

Seguiremos procurando brañas e gándaras, onde varias especies raras aínda poden estar en flor, como as orballiñas do xénero Drosera, unhas curiosas plantas insectívoras que aínda non vimos este ano.

Neste comezo do outono, seguramente tamén topemos e aprendamos a distinguir as dúas tollemerendas do cartel anexo: Crocus serotinus, unha especie de zafrán bravo, xa en flor desde o pasado día 27; e Merendera montana, dunha familia distinta, cando menos aberta desde o día 20.

Máis información

17ª excursión Farelo, Instituto de Estudos Ulloáns IEU, Proxecto Flora da Ulloa

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn