Inauguración da exposición de Froilán Magdaleno no castelo de Pambre (18/12/2021)
O sábado 18 de decembro tivo lugar, no castelo de Pambre (Palas de Rei), a inauguración da exposición “Inspiración de tres xenios universais”, na que o pintor e escultor Froilán Magdaleno ofrécenos unha retrospectiva da súa extensa obra, inspirada en tres grandes figuras universais: Vincent Van Gogh, Pablo Picasso e Miguel de Cervantes.
Na inauguración interviñeron Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei; o pintor Froilán Magdaleno; Braulio Vilariño, comisario e coordinador de exposicións do IEU; e Francisco Pardo, director do IEU.
Azucena Souto deseñou os carteis e dípticos, e o deseño e montaxe da exposión correu a cargo de Braulio Vilariño e Javier Méndez.
De esq. a der.: Francisco Pardo, director do IEU; Pablo Taboada, alcale de Palas de Rei; o pintor Froilán Magdaleno; e Braulio Vilariño, comisario da exposición
O pintor e escultor Froilán Magdaleno e a sua dona na inauguración da exposición