Inauguración da exposición “Pambre, Arca de Pedra” no castelo de Pambre (10/6/2022)

O venres 10 de xuño de 2022 foi inaugurada no castelo de Pambre a exposición colectiva Pambre, a Arca de pedra, comisariada pola galerista Cristina Carballedo Penelas e coordinada por Braulio Vilariño, e organizada conxuntamente polo Instituto de Estudos Ulloáns e por Sumarte.

Esta exposición colectiva ten como fío conductor a figura animal e a actividade agrícola desenvolvida no propio castelo durante séculos. Dende ángulos moi diferentes, os artistas que participan neste proxecto amósannos a súa particular visión do mundo animal con estilos e soportes moi diversos. Poderedes ver esculturas de Álvaro de la Vega, Camilo Seira,  Óscar Aldonza, Paulo Neves, Xoán Vila e Alberto Gulías;  pinturas de Julio Sanjurjo, Seara, Correa Corrredoira, Jorge Espiral, Xer Refojo,  Miguel Anxo Macía,  Peña Romay, Adolfina Mesa, Lomarti e  Andrés.  G.  Shuttleworth,  e fotografías de Edu Valiña, Peter Schneider e Xosé Reigosa. Os carteis e dípticos, como en anteriores exposicións organizadas polo IEU no castelo de Pambre, foron deseñados por Azucena Souto (Dú-as).

Abriu o acto de inauguración o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, seguido das intervencións do coordinador da exposición, Braulio Vilariño, da comisaria da exposición e directora de Sumarte, Cristina Penelas, e do director do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo. Ao finalizar, tras unhas palabras de agradecemento aos artistas e organizadores por parte do alcalde, o Hotel Balneario Río Pambre serviu un aperitivo na terraza do castelo.

Información sobre a exposición.

Exposicion Pambre Arca de Pedra, castelo de Pambre

De esq. a der.: Francisco Pardo, Pablo Taboada, Cristina C. Penelas e Braulio Vilariño.

Exposición Pambre A Arca de Pedra, Instituto de Estudos Ulloáns

Inauguración Exposicion Pambre Arca de Pedra,

 O pintor e escultor Lomarti, o xornalista José Manuel Vila Chantres, e o vicepresidente do IEU Jesús Otero Calvo

Artistas da exposiición Pambre Arca de Pedra, Balneario Rio Pambre, Instituto de Estudos Ulloáns

Artistas, coordinadores e comisaria da exposición Pambre A Arca de Pedra no Balneario Río Pambre

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn