O IEU visita o Castelo de Pambre
O venres 11 de decembro os membros do Instituto de Estudos Ulloáns realizaron unha visita ao Castelo de Pambre guiados polo arquitecto Xurxo Salvador, responsable, xunto co tamén arquitecto Mario Crecente, da súa restauración.
Quedou manifesta na visita guiada o magnífico traballo levado a cabo polo equipo multidisciplinar de arquitectos, historiadores e arqueólogos que fixeron unha excelente restauración do conxunto arquitectónico, tanto no aspecto técnico como polo respecto histórico nas diferentes intervencións e mesmo pola conservación dos numerosos restos arqueolóxicos atopados, xa que se ben a fortaleza comezou a ser edificada no século XIV por Gonzalo Ozores de Ulloa, levántase sobre terreos que xa foran ocupados en séculos anteriores.
Membros do IEU na entrada do Castelo de Pambre, atendendo ás explicacións do arquitecto Xurxo Salvador