Presentación de Cairón 7 en Palas de Rei (27/1/2024)

O sábado 27 de xaneiro de 2024 ás 12 h. será presentado no Salón de plenos da Casa do Concello de Palas de Rei o número 7 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns.

No acto, coordinado por Braulio Vilariño, galerista e coordinador de exposicións do IEU, intervirán Carmen Rodríguez del Toro, médica psiquiatra autora do artigo “Bernardino Pardo Ouro, un xinecólogo palense na historia da medicina de Galicia”; Xosé Luis Otero Cebral, escritor e etnógrafo autor do artigo “Os pelegríns, protagonistas no EcceHomo” e que escribe tamén na sección de creación literaria; Francisco Pardo, director do IEU; e Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, que pechará o acto.

Máis información

Presentacion Cairon 7 en Palas de Rei, Instituto de Estudos Ulloáns

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn