Presentado no IES de Palas de Rei o libro “Fotografías centrípetas.Propostas pedagóxicas”
Na primeira semana de decembro de 2023 Patricia Coucheiro, coordinadora da Sección de Audiovisuais do IEU e do proxecto Fotografías centrípetas (ver exposición) presentou no IES do Camiño, de Palas de Rei, o libro Fotografías centrípetas.Propostas pedagóxicas, coordinado, deseñado e maquetado por Patricia Coucheiro González e Susana Varela Negro.
Fotografías centrípetas.Propostas pedagóxicas é o primeiro volume da Colección Ulloa Audiovisual. Foi editado pola Rede museística provincial, a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Instituto de Estudos Ulloáns co fin de ser distribuido, como material didáctico de apoio, aos centros educativos, especialmente da comarca da Ulloa.
Os socios do IEU, Patricia Coucheiro e Fernando García Penas na presentación de Fotografías centrípetas. Propostas pedagóxicas.