“Corcosendo” retorna á Ulloa (Castelo de Pambre, 23 agosto ao 16 novembro 2024)

Corcosendo, a memoria das costureiras da Ulla, exposición do proxecto da Sección de audiovisuais e rexistro fotográfico do IEU coordinado por Patricia Coucheiro, Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela, foi inaugurada na igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei) o 23 de decembro de 2023, financiada polo IEU e polo Ministerio de Igualdade.

Posteriormente, o 18 de maio de 2024 realizouse outra instalación da mesma exposición no Pazo de San Marcos de Lugo coa axuda da Rede de Museos da Deputación de Lugo, na que se presentou a aplicación móbil de xeolocalización “Arquitecturas da Memoria”.

E Corcosendo volveu á Ulloa. Contamos cunha nova instalación, esta vez no castelo de Pambre, foi  que permanecerá aberta ata o 16 de novembro de 2024.

A inauguración da exposición de Pambre tivo lugar o venres 23 de agosto ás 12,00 coas intervencións de Patricia Coucheiro e Sara Coego, coordinadoras do proxecto Corcosendo, Braulio Vilariño, coordinador de exposicións do IEU, e Francisco Pardo, director do IEU.

Máis información en:

https://corcosendo.wixsite.com/my-site

http://ieu.gal/presentacion-proxecto-corcosendo-en-vilar-de-donas-23122023/

http://ieu.gal/presentacion-de-corcosendo-no-pazo-de-san-marcos-da-deputacion-de-lugo-1852023/

http://ieu.gal/corcosendo-un-proxecto-alen-da-ulloa/

 

1De esq. a der.: Francisco Pardo, Sara Coego, Patricia Coucheiro e Braulio Vilariño

2

3

4

 

 

CARTEL EXPO CORCOSENDO PAMBRE

invitacion exposicion corcosendo Pambre

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn