Inauguración da exposición “Fotografías centrípetas” no Pazo de Vilane (3/7/2023)
O luns 3 de xullo ás 19 h tivo lugar na sala de exposicións da palleira do Pazo de Vilane a inauguración da exposición Fotografías centrípetas, proxecto promovido por Patricia Coucheiro e Susana Varela, coordinadoras da sección de fotografía, audiovisuais, arquivo fotográfico e fonográfico do Instituto de Estudos Ulloáns.
O proxecto, iniciado en 2021, abrangue os traballos de 17 fotógrafas da Ulloa, que nos dan unha visión feminina sobre a muller na comarca da Ulloa. Fálannos da súa historia contada por elas mesmas, analizando aspectos sociais e culturais das mulleres da súa comunidade e vinculándoos ao medio natural no que desenvolven a súa actividade.
Interviñeron na inauguración Patricia Coucheiro, coordinadora do proxecto; Sara Coello, unha das fotógrafas participantes; Francisco Pardo Teijeiro, director do IEU; e Nuria Varela-Portas Orduña, copropietaria e directora da empresa Pazo de Vilane.
A primeira exposición de Fotografías centrípetas foi instalada en outubro de 2021 no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, con gran repercusión nos medios e éxito de público.
Inauguración no Pazo de San Marcos o 15 de outubro de 2021
http://ieu.gal/inauguracion-no-pazo-de-san-marcos-da-exposicion-ulloa-fotografias-centripetas/
Visita virtual á exposición en: https://my.matterport.com/show/?m=Yec5vd8jvQj
A segunda, instalada na sala de exposicións do castelo de Pambre (Palas de Rei) foi inaugurada o 5 de marzo de 2022 xunto coa presentación do libro Proposta pedagóxica, Fotografias centripetas, olladas femininas sobre o territorio e as súas xentes, primeiro número do Proxecto editorial A Ulloa Visual, publicado pola Rede de Museos Provinciais da Deputación de Lugo.
http://ieu.gal/inauguracion-da-exposicion-fotografias-centripetas-no-castelo-de-pambre-532022/
http://ieu.gal/exposicions/sala-1-castelo-de-pambre/
Con esta terceira exposición no Pazo de Vilane, péchase o ciclo de exposicións do proxecto Fotografías científicas. Parte das obras quedarán expostas permanentemente na sede do IEU en Monterroso e outra será doada a centros educativos da Ulloa.