Taller de pintura ao aire libre impartido por Andrés G. Shuttleworth (Casa das Augas, Frádegas 25-6-2023)

O domingo 25 de xuño tivo lugar o Taller de Pintura ao Aire Libre impartido por Andrés G. Shuttleworth, pintor asentado na Ulloa que participou en  diferentes publicacións e exposicións, tanto individuais como colectivas, organizadas polo Instituto de Estudos Ulloáns no castelo de Pambre (exposición individualexposición colectiva)

O Taller de Pintura ao Aire Libre, unha iniciación á percepción tonal, está destinado preferentemente a socios e socias do IEU e desenvolveuse o domingo 25 de xuño  de 11 a 13 h., na Casa das Augas, en Frádegas, un dos espazos culturais máis suxestivos da comarca da Ulloa.

Casa das Augas é un proxecto artístico do dinamizador cultural e coordinador de exposicións do IEU, Braulio Vilariño, que recuperou as ruinas dunha casa de labranza para darlle un novo uso e unha nova vida. (Máis información)

 

Obxectivos:

  • Pintar un cadro tonal (branco e negro) con acrílico dunha paisaxe ao aire libre (30 x 40 cm).
  • Realizar todo o proceso dende o deseño hasta completar a obra, para isto desenvolveremos ferramentas como o debuxo, composición, perspectiva, escalas
  • Falar da historia da pintura ao aire libre e diferentes tipos de composicións.
  • Aprender a distinguir diferentes tons que se atopan na natureza, elixir unha escena despois de facer varios bosquexos, a técnica Notan para composición, a composición formal e a informal, escala tonal e como aplicala no deseño da obra.

 

1

2

3

4

Taller de pintura ao aire libre 25-6-2023, Instituto de Estudos Ulloáns

 

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn