Taller de pintura ao aire libre impartido polo pintor Andrés G. Shuttleworth (Casa das Augas, 9-7-2023)

O domingo 9  de xullo tivo lugar a segunda parte do Taller de Pintura ao Aire Libre impartido por Andrés G. Shuttleworth, pintor asentado na Ulloa que participou en  diferentes publicacións e exposicións, tanto individuais como colectivas, organizadas polo Instituto de Estudos Ulloáns no castelo de Pambre (exposición individualexposición colectiva). O Taller de Pintura ao Aire Libre, unha iniciación á percepción tonal, desenvolveuse na Casa das Augas, en Frádegas, un dos espazos culturais máis suxestivos da comarca da Ulloa situado á beira do río Ulla.

 

TALLER DE PINTURA AO AIRE LIBRE. PERCEPCIÓN TONAL PARTE I E II.

A nosa vista está deseñada para absorber gran cantidade de información para con rapidez poder interpretar, tomar unha decisión ou por un nome a esa información.

Esta celeridade e abundancia de información as veces non nos deixa discernir certas calidades da luz que desvelan as formas. Pero todos temos experimentado un momento de beleza visual que nos fai parar en analizar con mais detalle eses efectos.

O propósito do taller era poder deterse, utilizando ferramentas que os pintores levan usando durante séculos, para analizar a luz e compoñer esbozos que puideran describir a nosa percepción.

O estudio de ton é un importante paso para traducir esa luz en arte.

Nun cadro podemos atopar moitos compoñentes, un deles é a composición tonal, a distribución dos diferentes tons no cadro forman un equilibrio ou un desequilibrio na composición.

A primeira ferramenta utilizada foi a de entornar os ollos para baixar a intensidade da información e discernir os diferentes tons do noso campo visual. Para traducilo ao papel utilizamos o Notan (termo xaponés que significa deseño plano en branco e negro).

Na segunda xornada engadimos o gris, facendo máis complicada a composición, pintando os nosos esbozos con acrílico aprendemos a como mesturar os tons na paleta e a aplicación da pintura no soporte.

Gracias a todos os participantes,

Andrés G. Shuttleworth

 

Taller de pintura ao aire libre, Instituto e Estudos Ulloáns, Andrés Shuttlelworth, 1Andrés G. Shuttleworth dando instruccións a algúns dos participantes no Taller de pintura ao aire libre

Taller de pintura ao aire libre, Instituto e Estudos Ulloáns, Andrés Shuttlelworth, 3

Taller de pintura ao aire libre, Instituto e Estudos Ulloáns, Andrés Shuttlelworth, 2

Taller de pintura ao aire libre, Instituto e Estudos Ulloáns, Andrés Shuttlelworth, 4

2ª Taller de pintura ao aire libre, Instituto e Esudos Ulloáns, Andrés Shuttlelworth

ComparteShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn