“Corcosendo” no programa cultural Zigzag (TVG, 1/10/2024)

Corcosendo, proxecto antropolóxico-artístico promovido pola sección de Audiovisuais do IEU e coordinado por Patricia Coucheiro, Susana Varela, Sara Coello e Antía Montes, foi presentado en Vilar de Donas en decembro de 2023 e durante 2024 expúxose no Pazo de San Marcos de Lugo e no castelo de Pambre, mediante exposicións adaptadas a cada espazo e diferentes actividades artísticas ( fotografías de costureiras intervidas pola artista téxtil Verónica Ramilo, performances de Helena Salgueiro, videocreación de Xabier Mailán, aplicación móbil de xeolocalización “Arquitecturas da Memoria”da Coop. Indaga e o Colectivo Agrocuir).
Foi presentado tamén nas XXII Xornadas Pedagóxicas da RMPL de Lugo e no VII Foro de Cultura e ruralidades de Tarragona, o que, xunto a súa selección por parte do Ministerio de Igualdade, lle deu unha proxección nacional. Antes de rematar 2024 presentarase o libro do proxecto.
Pódese obter información detallada sobre Corcosendo en
https://corcosendo.wixsite.com/my-site
http://ieu.gal/presentacion-proxecto-corcosendo-en-vilar-de-donas-23122023/
http://ieu.gal/presentacion-de-corcosendo-no-pazo-de-san-marcos-da-deputacion-de-lugo-1852023/
http://ieu.gal/corcosendo-un-proxecto-alen-da-ulloa/
http://ieu.gal/corcosendo-retorna-ulloa-castelo-de-pambre-23-agosto-ao-16-novembro-2024/