Manifestación ALTRI NON en Santiago de Compostela (15 decembro 2024)
O Instituto de Estudos Ulloáns participou, como asociación cultural da comarca da Ulloa, na manifestación en contra da instalación en Palas de Rei da fábrica de pasta de celulosa de ALTRI convocada para o domingo 15 de decembro de 2024 en Santiago de Compostela.
O 30 de abril de 2024 o IEU publicou o seu Manifesto contra a instalación da fábrica de celulosa de Altri en Palas de Rei http://ieu.gal/manifesto-ieu-contra-instalacion-da-fabrica-de-celulosa-de-altri-en-palas-de-rei/
Xa a principios de febreiro de 2024, a Sección de Medioambiente do IEU elaborou o primeiro informe técnico sobre o impacto na biodiversidade que orixinaría a instalación da fábrica de Altri na Finca de Quintas (Palas de Rei).
http://ieu.gal/informe-acerca-dos-efectos-sobre-biodiversidade-da-instalacion-da-fabrica-de-altri/
O 27 de febreiro o IEU presentou ante Augas de Galicia a súa alegación ao procedemento ambiental e captación de augas da fábrica de pasta de celulosa de Altri, na que solicitou que se elabore un novo estudo de impacto ambiental fundamentado nunha correcta inventariación dos valores naturais afectados
http://ieu.gal/alegacion-ieu-ao-procedemento-ambiental-e-captacion-de-augas-da-fabrica-de-celulosa-de-altri-presentada-o-27-de-febreiro-de-2024/
O 23 de marzo o IEU solicitou á Deputación de Lugo a compra da finca de Quintas de Palas de Rei.
http://ieu.gal/o-ieu-pide-deputacion-de-lugo-que-merque-finca-de-quintas-de-palas-de-rei-onde-se-preve-instalar-altri/
E o 17 de abril o IEU presentou ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria a súa alegación ao proxecto industrial de Greenfiber, na que solicitaba rexeitar o seu estudo de impacto ambiental (EIA) polo seu baixo rigor técnico, resolver unha declaración negativa, denegar a autorización ambiental integrada (AAI) e anular a declaración de utilidade pública do proxecto, así como a protección efectiva da zona afectada para evitar calquera tipo de urbanización ou ben a transformación substancial dos hábitats naturais e seminaturais existentes.
http://ieu.gal/alegacions-ieu-ao-proxecto-industrial-de-greenfiber-presentadas-o-17-de-abril-de-2024/
Socios do IEU coa pancarta do Instituto de Estudos Ulloáns pola defensa do patrimonio natural da Ulloa
A Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago manifestouse en Compostela ao paso do Instituto de Estudos Ulloáns