Presentación do libro “Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa” na Casa da Cultura de Antas de Ulla (16/11/2024)
O sábado 16 de novembro de 2024 ás 19,00 h foi presentado na Casa da Cultura de Antas de Ulla o libro Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa, terceiro número da colección Ulloa Audiovisual publicada pola Sección de Audiovisuais do IEU.
Estiveron presentes no acto as coordinadoras e as artistas que participaron no proxecto Corcosendo e parte das súas protagonistas: as costureiras.
Na presentación, o grupo Zoelas interpretou o tema Corcosendo, que compuxo para este proxecto. Contouse ademais Aida Cobas (Loia Producións) coa intervención escénica dun fragmento da obra María Visitación Consolación Amadora; coa proxección da videocreación As mans núas de quen nos vestiu do cineasta Xabier Mailán; e con Verónica Ramilo, que explicou o proceso creativo das súas intervencións textiles que foron expostas nas exposicións de Corcosendo instaladas en Vilar de Donas, o pazo de San Marcos de Lugo e o castelo de Pambre.
O libro, integrado no proxecto Corcosendo, está editado polo IEU, en colaboración coa Rede Museística Provincial da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, e deseñado e maquetado por Numax.
Aportaron os textos e imaxes as coordinadoras do proxecto e membros da Sección de Audiovisuais do IEU Patricia Coucheiro, Sara Coello, Antía Montes e Susana Varela.
Contouse con textos de Alba Geada, Olga Novo e Ana Pérez. E cos deseños de Azucena Pérez Souto e Malena Fernández, as imaxes adicionais de Vanesa Coucheiro e as correcións de Andrea Santiso.
Pódese obter información detallada sobre Corcosendo en
https://corcosendo.wixsite.com/my-site
http://ieu.gal/presentacion-proxecto-corcosendo-en-vilar-de-donas-23122023/
http://ieu.gal/presentacion-de-corcosendo-no-pazo-de-san-marcos-da-deputacion-de-lugo-1852023/
http://ieu.gal/corcosendo-un-proxecto-alen-da-ulloa/
http://ieu.gal/corcosendo-retorna-ulloa-castelo-de-pambre-23-agosto-ao-16-novembro-2024/
Costureiras protagonistas do proxecto Corcosendo
Coordinadoras do proxecto e prologuistas do libro Corcosendo, a memoria das costureiras da Ulloa
Actuación do grupo Zoelas interpretando a súa composición Corcosendo