Novas

Excursión botánica pola ribeira do Ulla (16/8/2020)

11 Agosto, 2020
Redactor
O domingo 16 de agosto realizarase a terceira excursión botánica do proxecto Flora da Ulloa en 2020, organizada polo biólogo Xurxo Mouriño, coordinador do proxecto. Nesta ocasión percorrerase a ribeira do Ulla, entre os muiños do Corgo e do Coto,...

Cursiño de acuarela ao aire libre impartido por J.M. Méndez (1/8/2020)

7 Agosto, 2020
Redactor
O sábado 1 de agosto (1/8/2020) tivo lugar en Monterroso, na area recreativa de A Peneda, o cursiño de acuarela ao aire libre impartido polo acuarelista vasco de ascendencia ulloá José Manuel  Méndez. No curso, que se iniciou ás 11...

Flora ameazada na carballeira de Lebesende. Excursión botánica do proxecto Flora da Ulloa (2/8/2020)

26 Xullo, 2020
Redactor
 Despois destes meses de parón debido á pandemia, o domingo 2 de agosto retomaremos as excursións botánicas do proxecto Flora da Ulloa.      Dentro da temática de flora rara e ameazada, e coorganizado con Quercus Sonora, visitaremos a carballeira de...

Alegacións do IEU ao proxecto eólico Maxal

26 Xullo, 2020
Redactor

O IEU solicita que se lle dedique unha rúa a Marisol Soengas

24 Xullo, 2020
Redactor
É frecuente na Ulloa dedicar en vida unha rúa a persoeíros destacados no seu ámbito profesional ou que fixeron unha grande aportación ao desenvolvemento social, económico ou cultural locais. A historia dos pobos defínena os seus habitantes, persoas que co...

Presentación de Cairón e visita guiada ao castelo de Pambre (venres 17 de xullo de 2020)

14 Xullo, 2020
Redactor
O venres 17 de xullo tivo lugar no castelo de Pambre (Palas de Rei) do número 4 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns. Iniciou a presentación Francisco Pardo, director do Instituto de Estudos Ulloáns, que tivo unhas palabras...

Presentación de Cairón en Antas de Ulla (sábado 18 de xullo 2020)

14 Xullo, 2020
Redactor
O sábado 18 de xullo tivo lugar na igrexa románica de Antas de Ulla (igrexa vella) a presentación do número 4 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns. Actuou como moderador o biólogo Xurxo Mouriño, membro da Xunta de...

Presentación de Cairón n. 4 en Monterroso (4/07/2020)

7 Xullo, 2020
Redactor
O sábado 4 de xullo foi presentado o número 4 de Cairón na sede do Instituto de Estudos Ulloáns en Monterroso. A revista foi presentada polo xornalista Fernando Salgado e polo director do IEU, Francisco Pardo. Por motivos laborais non...

Presentacións de Cairón nº 4

28 Xuño, 2020
Redactor
O sábado 4 de xullo ás 20 h. o IEU presentará na súa sede social de Monterroso o número 4 de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns. Intervirán na presentación o director de Cairón, Daniel Salgado, o xornalista Fernando...

En lembranza de Araceli Herrero Figueroa

15 Xuño, 2020
Redactor
Lamento comunicarvos o falecemento, vítima da COVID-19, da nosa tan prezada socia Araceli Herrero Figueroa. “Lilí” Herrero, aínda que lucense intramurallas, de familia de tradición e arraigamento na capital, tivo tamén moita relación coa Ulloa. O seu pai, soado médico...